O Calvo Basket Xiria recibe ao Obradoiro Silleda ás 17:00 horas

1 minutes read
  • Importante partido o que se disputará este sábado no pavillón Vila de Noia, entre os carballeses e o conxunto obradoirista. Xa que de gañar os Calvo Basket Xiria afianzará a súa posición na parte media da táboa clasificatoria.

Partido especial polas circuntrancias sanitarias, que obriga a disputalo a porta pechada… pero será retransmitido por onde poderás estar apoiando aos xogadores de Fer Buendía, que a pesares dos cambios horarios dos adestramentos, debido ás novas restricións, mostrábase moi contento coa semana de adestramentos e poderá contar coa totalidade da plantilla para medirse oa Obradoiro Silleda, terceiro na clasificacioónn (6/3) con tres derrotas.

Este será o primeiro partido no que Enrique Melini, se enfrontará ao equipo e Club no que estivo os últimos tres anos logo da súa marcha temporal a Santiago. O conxunto santiagúes ten un xogo rápido e dinámico que reforza co xogo interior e a gran envergadura dos seus xogadores interiores. Polo que o Calvo Basket Xiria deberá estar moi concentrado en defensa e mostranso o seu mellor xogo en ataque para pelexar polo partido e tentar unha nova vitoria.