A vitoria en Porriño, fixo que mellorase o ánimo e polo tanto a calidade do traballo semanal aumentase. O equipo está con gañas para afrontar un novo partido en Carballo tras a vitoria da fin de semana pasada e a pesar de que lle toca un mes febreiro difícil, polos enfrontamentos que terá.
Centrados na preparación do partido contra CORINTO GIJÓN BASKET, un equipo distinto do que se encontraron na ida, con cambio na dirección do banquillo e tamén con novos xogadores. O seu nivel sigue sendo alto, con bos xogadores e de renome nesta liga, coma Carlos Suárez, Diego Sánchez, José A. López o Sergio Martínez.
Aínda así os carballeses saben que teñen as súas opcións e todo pasa por competir o maior número de minutos posibles a un alto nivel de xogo e concentración en defensa, para intentar chegar con opcións no marcador nos minutos finais de xogo.
Sabemos que na casa, no Pavillón Vila de Noia, tódolos enfrontamentos que restan son complicados e intentarán sacar adiante o maior número de partidos con vitorias. Pero para iso piden que os seareiros acudan a apoialos e tódolos xogadores da canteira vaian a darlles alento, así entre xogadores e público será mais doado de manterse enganchados á dinámica positiva de vitorias e dar o mellor espectáculo posible.