- Mamadou Diagne e Bruno Palloti, chegan a Carballo ilusionados polo proxecto e con ganas de dar un paso adiante na súa carreira.
MAMADOU SALIF DIAGNE ( SENEGAL -1998)
Mamadou Diagne, xogador que disputará en Carballo a que é a súa quinta tempada na liga EBA, onde debutou moi novo sendo aínda xogador junior. Torrelodones, Estudiantes de Madrid, Barberá e Lugo, son os equipos polos que pasou Mamadou, onde foi evolucionando no seu xogo, ata conseguir realizar unha gran última tempada en Estudiantes, cun promedió 14 puntos e 8 Rebotes en 23 minutos de xogo. Xogador de 198 cm de altura, forte e rápido, a súa capacidade para xogar de fronte e atacar desde fóra, así como a súa intensidade no rebote de ataque, fan que poida facer parella con todos os xogadores interiores do equipo, tanto xogando de center como de Ála – Pivot.
BRUNO PALLOTI ( ARXENTINA – 1998)
Desde a segunda división arxentina chega Bruno Palloti, un xogador de Bahía Blanca que quere facer carreira en España; Con 22 anos de idade, posúe experiencia en liga profesional, e buscará facerse co temón do equipo desde a posición de base, aínda que tamén pode desempeñar funcións de escolta. Xogador de 1,82 cm, ocupaba praza sub23 no Racing da segunda división de Arxentina, e antes disputou a competición con Atenas e Petroleiros. Na súa última tempada, obtivo unha media de 8 puntos e 2 asistencias, en 20 minutos de xogo.