O Calvo Basket Xiria renova a Rubén Rey e Alex Iglesias

2 minutes read

Desde Basket Xiria e Dirección Deportiva tiñan claro que estos dous xogadores tiñan que formar parte do CALVO BASKET XIRIA . Seriedade, traballo, compromiso e humildade, ademais de grandes xogadores de baloncesto, unense nestas dúas persoas que, afirman desde o Club, «temos a sorte de renovar e volver a contar con eles para esta tempada 2025/26, baixo as ordes e o saber facer de Héctor Méndez».

RUBEN REY ARTUGAS (A Coruña / 1993) – 1,99m Tras doce (12) tempadas en competicións FEB, con 241 partidos, 7.075 minutos xogados e 3.298 puntos anotados, pouco se pode decir de Rubén Rey, un dos ala-pivots dominantes nesta categoria e cunha ampla experiencia. Xogador versatil en ataque, con gran movemento de pes e capaz de xogar 1×1 contra rivais de maior embergadura, faino un xogador difi cil de defender para o rival e logo posúe un gran tiro a media distancia. O noso capitán, nas últimas tempadas, volverá dalo todo para o público carballés.

● Traxectoria Deportiva: – Tempada 2012/13 a 2017/18 EBA CLUB BASQUET CORUÑA S.A.D. – Tempada 2018/19 LIGA EBA C.B. NARON – Tempada 2019/20 a 2020/21 LIGA EBA CALVO BASKET XIRIA (ESCOLA BASKET XIRIA) – Tempada 2021/22 LIGA EBA CHANTADA C.B. – Tempada 2022/23 a 2024/25 LIGA EBA CALVO BASKET XIRIA (ESCOLA BASKET XIRIA)

ALEJANDRO IGLESIAS FERNANDEZ (Ourense / 2021) – 1.94m Este xoven xogador ourensán, que leva adestrando en Carballo catro (4) tempadas e tres delas en Liga EBA/Tercera FEB, xa fai tempo de deixou de ser un prometedor xogador e estase consolidando como unha aleiro de maior proxeción na categoría. Bo defensor e versatil en ataque, fai do seu tiro exteiror unha das súsmoitas fortalezas. Ademáis Alex, complementa a súa faceta de xogador, coa de adestrador nos euquipos de base do Club, que o fai una dos máis queridos para o pequenos xogadores carballeses.

● Traxectoria Deportiva: – Procedencia das categorias inferiores do BOSCO SALESIANOS de Ourense. – Tempada 2021/21 1ª Autonómica CALVO BASKET XIRIA (ESCOLA BASKET XIRIA) – Tempada 2022/23 LIGA EBA CALVO BASKET XIRIA (ESCOLA BASKET XIRIA) – Tempada 2023/24 LIGA EBA CALVO BASKET XIRIA (ESCOLA BASKET XIRIA) – Tempada 2024/25 TERCERA FEB CALVO BASKET XIRIA (ESCOLA BASKET XIRIA)