O Calvo Basket Xiria segue imparable, derrotou ao Estudiantes Lugo Rio (78-41)


O Calvo Basket Xiria non dá tregua aos seus rivais, e tras a derrota que lle encaixou ao líder da categoría a domicilio a semana pasada, este sábado fixo o propio no Vila de Noia contra o Estudiantes Lugo Rio por un máis que contundente resultado final de 78 a 41, e xa van sete vitorias consecutivas para o equipo carballés. O Basket Xiria fíxose dono da cancha desde o primeiro minuto de partido, chegando a triplicar os puntos do seu rival no segundo cuarto, polo que no descanso xa dominaba por 42 a 14. Por cuartos o resultado dio todo,18-7, 24-7, 21-12 e 16-15. Julio Flores foi o xogador ‘Calvo’ da xornada con 16 puntos.