O Calvo Basket Xiria segue imparable


Noqueou este domingo a domicilio ao que era líder da categoría, o Estudantes Lugo, por un resultado de 61-67. Partido xogado no Pazo de Deportes da cidade da Muralla, con parciais de 14-21, 13-18, 20-17 e 14-11, o equipo carballés cultivou un moi bo resultado ante un rival directo a comandar a cabeza da táboa. Cabe destacar a actuación de Pablo López-Pizarro con 19 puntos. Desta forma o Calvo Basket Xiria é segundo na clasificación de Primeira Autonómica – Fase Norte con seis triunfos consecutivos, por detrás do Obradoiro USC.