O Calvo Basket Xiria visita a cancha do Estudiantes Lugo Leyma

1 minutes read

Partido da Liga EBA correspondente á 10ª xornada, os de Carballo xogan fora da casa contra o Estudiantes Lugo Leyma, equipo moi similar oa Calvo Basket Xiria, xoven e con gusto de facer un xogo rápido e atractivo.

Encontro que será moi competivo entre os dous conxuntos, que están empatados na táboa clasificatoria, con 12 puntos (3 victorias e 6 derrotas), en oitavo e noveno lugar respectivamente.

O Basket Xiria ven dunha semana con alto nivel de adestramentos, con moitas gañas e intensidade, coa idea de facer un bo partido e dar unha boa imaxe, rompendo a racha de derrotas. Fernando Buendía contará con todos os efectivos, salvo Pablo Pizarro e Miguel A. Venegas.

Pedro Russel.