O conxunto carballés vén dun partido no que claramente non estivo ao nivel competitivo que esixía o encontro e mentalmente costa máis levantarse, pero co apoio en conxunto do equipo, entre todos, conseguirán volver nesta semana á dinámica necesaria para afrontar un novo partido, desta volta, en Xixón. Héctor Méndez, non puido contar con todo o equipo ao completo nos primeiros adestramentos desta semana, debido ós típicos malestares invernais e polo tanto a varias baixas temporais, pero unha vez recuperados chegarán ben a fin de semana. Dada a importancia dos partidos que restan, o equipo esta concienciado de dar o seu mellor nivel, tanto nos adestramentos coma nos partidos de competición.
O Círculo Gijón é un rival moi complicado que ocupa un dos postos altos da táboa clasificatoria. Posiblemente un dos mellores conxuntos da categoría, xa en Carballo demostrou o equipo que forma, sendo un dos partidos máis complicados que afrontou o Calvo Basket Xiria nesta tempada. Teñen moito poderío físico, gran acerto nos tiros e xogadores de nivel superior á Liga EBA. De todos os xeitos o Basket Xiria vai a afrontar os partidos que restan nas mellores condicións posibles para intentar competir e conseguir esa permanencia que leva tempo buscando. A cita será este sábado 18, ás 20:00 horas no pavillón Adolfo Suárez de Xixón