O Calvo Basket Xiria volve á senda do triunfo


Partido equilibrado o vivido este sábado en Carballo entre o Calvo Basket Xiria e o Universidade de Valladolid. O equipo local logrou volver á senda do tiunfo e aínda que o segundo cuarto non foi nada bo, conseguiu gañar o encontro cuns parciais de 24-13, 15-27, 13-18 e 14-6, chegando ao toque da bucina co resultado final de 66-64. Inxección de moral para o equipo carballés tras as últimas xornadas no dique seco.