O Equipo adestrado por Héctor Méndez enfrontarase ao conxunto vasco do Ulacia ZKE, da localidade guipuscoana de Zarautz, o vindeiro Sábado 09/05/2026, ás 19:30 horas no Pavillón Vila de Noia.
De seguido un resumen das diferentes xornadas da Fase de Ascenso á Segunda FEB e as opcións que ten o equipo carballés, no caso de pasar as dúas eliminatoria previas para chegar a Fase Final.
FASE FINAL de ASCENSO a Segunda FEB
A FASE de ASCENSO disputarase do 28/05 ó 31/05/2026, en dúas sedes diferentes con 8 equipos (total 16) por localización. Na «Conferencia A», a primeira praza xogarana os dous líderes dos respectivos grupos, que fixeran os deberes con antelación. Para as dous seguintes hai seis equipo máis, os últimos en adquirir o pasaporte foi o Perfumerías Avenida Xoborg, que se aproveitou das derrotas de Caixa Rural RDL ante o Calvo Basket Xiria, que se clasifica como 2º do Grupo AB e da súa vitoria ante Traumacor Culleredo. Tamén entrou na última xornada o Ulacia ZKE como cuarto do Grupo AA tras vencer no duelo directo e que xogará como visitante, en Carballo (A Coruña), contra os Galegos do Calvo Basket Xiria.
Playoff 1º Clasificados:
- Teknei Bizkaia Zornotza (1ºAA) vs (2ºAB) Oposita Marín Ence Peixegalego
Fase Previa 1ª Eliminatoria: - (A) Baskonia (2ºAA) vs (4ºAV) Perfumerías Avenida Xoborg
- (B) Calvo Basket Xiria (2ºAB) vs (4ºAA) Ulacia ZKE Zarautz
- (C) Universidad de Oviedo (3ºAB) vs (3ºAA) Hotel Postes Ávila Auténtica ✔️
Fase Previa 2ª Eliminatoria:
Unha vez concluída a 1ª eliminatoria, emparellaranse do seguinte xeito para disputar este segundo partido: - (D) Perdedor dos 1º Clasificados contra Vencedor eliminatoria (C)
- (E) Vencedor eliminatoria (A) contra Vencedor eliminatoria (B)
Os vencedores de ámbalas eliminatorias, obterán praza para participar na Fase Final.