Os carballeses impoñíanse este sábado en Guecho por 2-5 na pista do Jolaseta vasco. Con este resultado, o Lubiáns finaliza a liga con 40 puntos, a tres de distancia do Ordes que, aínda que ten un partido menos por disputar, o golaverage particular favorece aos carballeses. Desta forma ascenden de forma directa a a OK División de Honra Prata e poñen fin a unha gran tempada.
Ao comezo do encontro ambos os equipos atopábanse na zona alta da táboa; ao Lubiáns con 37 puntos, séguelle o AD Ordes co mesmo número de puntos, e seguido, cun menos, estaba o combinado biscaíño. O Ordes tiña dous partidos por xogar, mentres que a Jolaseta e o seu rival só tiñan por disputar este choque sabatino. Por iso, Jolaseta necesitaba gañar para manter vivas as súas opcións de ascenso a OK Prata, mentres que ao Escola bastaríalle cun empate, que acabaría por levar a vitoria contundente.