O Calvo Xiria afronta este sábado un desprazamento vital ás Canarias

Será para medirse en Tenerife ao «Sermarther» Ciudad de Tacoronte, nun duelo clave para manterse na zona alta da Primeira Nacional.

Os carballeses chegan a terras canarias con boas sensacións tras vencer na última xornada ao Ribeiro (34-30), consolidando a súa capacidade goleadora e un bloque sólido que xa demostrou a súa superioridade no partido de ida no Vila de Noia cun claro 40-29.

Pola contra, o equipo tinerfeño atravesa unha xeira negativa de resultados, encadeando varias derrotas consecutivas, a última ante o Culleredo (32-29), o que os mantén na zona perigosa da táboa. Malia que o Tacoronte amosou ser un rival combativo na casa con vitorias meritorias ante Lalín ou Reconquista, o Calvo Xiria parte como favorito grazas ao seu ritmo de xogo e á efectividade de xogadores fundamentais que buscan seguir sumando para non perder o ronsel dos postos de privilexio.

A clave do encontro estará en manter a intensidade defensiva dende o inicio para evitar que o conxunto local medre co apoio da súa afección.

Related posts

O balonmán feminino vivirá este domingo en Carballo unha tarde de homenaxe a tres xogadoras do Xiria

A IX Carreira do Apóstolo de Vilaño xa ten data confirmada: 18 de xullo de 2026

O Bergantiños perdeu en Soria tras a remontada do Numancia a un golazo de Fito