O Calvo Xiria Balonmán gana en Oviedo e xogará a fase de ascenso

O Unión Financeira, que non se xogaba nada, caíu ante o Calvo Xiria no seu último partido da tempada no grupo A de Primeira Nacional. O equipo de Falo Méndez, xa sen opcións de clasificarse para a fase de ascenso a División de Honra Prata, tratou de despedir da mellor maneira unha campaña na que renderon a un gran nivel (acabaróan cuartos na táboa) mantendo as súas opcións de clasificarse ata a pasada xornada. De parabéns está o Calvo Xiria, ao que lle bastaba un empate para xogar a fase de ascenso, pero os de Fernando Vázquez cultivaron unha vitoria por unha diferenza de cinco tantos, 22 a 27.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha