O Calvo Xiria agárrase á permanencia tras unha axustada vitoria ante o Lalín (26-25)

1 minutes read

O Calvo Xiria volve estar de sorte tras tres partidos seguidos sumando. Este sábado recibía no Vila de Noia ao Disiclín Balonmán Lalín. O partido comezou tras un minuto de silencio en recordo do recentemente falecido Pablo Aguirregabiria, adestrador do Oar Coruña e tamén ex do Xiria. O encontro estivo moi igualado de principio a fin, con moita intensidade e moito ritmo, ao descanso 14-14, tras dous goles de Chimpo, o último desde os sete metros. Tras a continuación o Calvo Xiria logrou unha lixeira vantaxe de tres goles no marcador nos primeiros cinco minutos. Pronto recortaba o Lalín e poñíase por diante (+2) no ecuador deste segundo acto. Na recta final os de Adrián Dubra lograban empatar a contenda (24-24) a falta de dous minutos e todo por definir. Tempo morto de Dubra nos últimos 50 segundos. Renóvase o xogo e Alex Vila marca de novo tras unha moi boa xogada, empate a 25 e no último suspiro o conxunto carballés conseguía o definitivo 26-25, e o máis importante, matemáticamente a permanencia na categoría.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?