Este xoves tivo lugar, na sede da Deputación da Coruña, o acto de presentación da fase de ascenso á División de Honra Prata Masculina, que vai celebrarse os días 4, 5 e 6 de xuño en Carballo, coa participación de Calvo Xiria, BM Maracena la Esquinita de Javi, Levante Marni e Handbol Sant Quirze. Despois de seis intentos de alcanzar esta categoría, o club carballés e o balonmán galego teñen claro que «desta vai». No acto estiveron presentes o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, o vicepresidente, Xosé Regueira, a deputada de Deportes, Cristina Capelán, o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o presidente da Federación Galega de Balonmán, Bruno López, e o vicepresidente do club carballés, José Antonio Rodríguez.