O Calvo Xiria balonmán buscará a súa cuarta vitoria consecutiva en Ribadavia


Será este sábado 24 de outubro ás 18:00 horas, no municipal de O Consello, alí enfrontarase ao Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal. O equipo local, con caras novas no seu persoal; suma a súa habitual experiencia e oficio, ás incorporacións que lle proporciona ser filial do Balonmán Lalín. O Calvo Xiria pretende seguir co refacho de resultados positivos. Unha das claves do encontro será elevar o nivel defensivo do equipo; xa que se enfrontan dous dos equipos que máis goles fan. Así, a defensa cobrará especial relevancia; para un Xiria que desenvolve a estrutura de xogo desde atrás. Para este partido, o técnico Adrián Dubra espera contar con todos os membros do persoal e ofrecerá a convocatoria en función das últimas sesións de adestramento.