O certo é que xa tocaba, o Calvo Xiria BM levaba tres derrotas consecutivas e encima este sábado a cita era unha saída pouco fácil a casa do lider da competición, o Embutidos Lalinense, que levaba 19 xornadas sin perder. Gran partido do Calvo Xiria que chegou a ter unha vantaxe de 9 tantos pouco antes do descanso, ao que se foron con 12-20 no marcador. Na segunda parte os do Deza apertaron moito máis e chegaron a empatar o partido a 29 e a 30 tantos nunha recta final de infarto. No último minuto os de Adrián Dubra cultivaron unha vitoria pola mínima, pero que sabe a gloria (30-31) para esquecerse do mal grolo das últimas tres xornadas e a seguir traballando.
Partido completo en: