O Calvo Xiria xogará esta próxima fin de semana o seu partido en Primeira Nacional a domicilio co obxectivo de prolongar a súa serie de vitorias e por conseguinte, conseguir a terceira consecutiva. O escenario será o pavillón Pablo Herbello e o rival, o Bueu ATL. BM.
O encontro disputarase o sábado ás 19:00 horas entre dous conxuntos que chegan empatados a puntos na táboa clasificatoria, aínda que os budetenses cun partido menos. Por tanto, prevese un partido disputado e onde ambos os equipos pelexarán por “desprenderse” do seu rival na clasificación.
Os carballeses deberán de asentarse nunha retagarda que roce o sobresaliente e permítalles despregar a velocidade no xogo. No ataque posicional, veranse as caras dous persoais cuxo potencial radica na velocidade do balón, o ataque aos espazos e as situacións de 1×1. O que cometa menos erros forzados e acumule menos perdas de balón, terá moito ganado.