O Calvo Xiria Balonmán xoga a domicilio, este sábado no pavillón Pablo Herbello, contra o Bueu Atlético Balonmán. Pista histórica de primeira nacional, e equipo competitivo e que con traballo quere aspirar a cotas maiores cada ano; por tanto un rival que lle poñerá as cousas difíciles a un Calvo Xiria que se prepara a conciencia para a disputa deste encontro. A mellora do xogo respecto da semana anterior, e manter unha idea durante 60 minutos, fundamentos para lograr dous puntos. Os dous conxuntos non destacan precisamente polo seu antropometría física polo que veremos un balonmán dinámico e onde as continuidades serán clave na faceta ofensiva; mentres que a parcela defensiva deberá esixir un bo balance e contacto dentro dos 9 metros. Por aí, sosterase, boa parte do partido. Os dous equipos xogan con máscara polo que estarán en igualdade de condicións para afrontar o encontro.
40