O Calvo Xiria BM perde pola mínima na casa ante o BM Ingenio

1 minutes read

Foi un encontro moi axustado o vivido este sábado no Pavillón Vila de Noia en Carballo, o Calvo Xiria que viña de colleitar a pasada xornada un importante triunfo a domicilio ante o BM Lalín, perdeu por 26-27 ante o Balonmano Ingenio, todo comezou a revirarse preto do descanso cando os canarios lle diron a volta ao marcador e se colocaron por encima 14-15. Xa no primeiro tercio da segunda metade os de Adrián Dubra remontaron de novo e incluso lograron unha vantaxe de dous tantos 18-16, pero a partir dahí o Ingenio, nunca mellor dito, impuxo o seu mellor xogo e foron axustando o resultado ata acadar un 24-26 a tres minutos do final. Concluía o encontro cunha derrota pola mínima 26-27.