O Calvo Xiria BM recibe ao Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal


O partido disputarase este sábado ás 20:00 horas. Xornada especial para o Calvo Xiria, que regresa ao Vila de Noia en partido oficial. E é especial porque non xogaba un partido oficial na casa desde o pasado 7 de decembro, cando se enfrontou ao Oar. Polo menos, a afección carballesa puido gozar do equipo nun par de partidos amigables disputados este mes de xaneiro. O rival, o Carnes Doribeiro Ourense Provincia Termal, sufríu moitas baixas ao longo do ano, pero aproveitou o parón para recuperar efectivos e volver ser o equipo forte de principio de tempada. As claves do partido estarán no plano defensivo; onde os visitantes explotan o xogo 2×2 co pivote, e o 1×1. Tamén o balance defensivo, que ocasionou moitos problemas aos do Calvo Xiria na primeira volta. A afección de Carballo ten que ser ese xogador de máis que axude a seguir ao equipo pola senda do triunfo.