O Calvo Xiria BM viaxa á pista do BM Tenerife Tejina

1 minutes read

Último partido para o Calvo Xiria antes das vacacións de Nadal. Xogarán a domicilio, na pista do Bm Tenerife Tejina co obxectivo de prolongar a súa serie de vitorias e ir a máis para a segunda parte da tempada. O encontro disputarase o sábado ás 19:00 horas (hora insular), entre dous equipos con refachos moi distintos, pero a igualdade dos resultados esta tempada entre todos os equipos, e o factor de xogar como visitante, convidan a que o Calvo Xiria deberá manter a concentración durante os 60 minutos e non deixarse caer no ritmo de xogo dos locais. O equipo que este máis acertado no lanzamento terá moito que dicir á hora de facerse cos dous puntos.