O Calvo Xiria bríndalle o título de liga á súa afección no partido contra Carballal


Este sábado ás 19:00 horas no Vila de Noia, saltará á pista o Calvo Xiria para agradecer á afección o apoio recibido ata este momento, nun ano cheo de dificultades para todos. O Calvo Xiria marcouse a principio de tempada o primeiro obxectivo de ser campión e  coseguiuno. Agora quedan dous partidos para finalizar a liga que lle servirán como preparación para a fase de ascenso.  

Visita Carballo, o Granitos Ibéricos Carballal, un equipo novo, de moita proxección e que dará que falar no curto prazo na categoría nacional. O conxunto vigués, foi recuperando lesionados no último tramo de liga o que lle outorga maior rotación nas súas filas. Ben estruturado en ataque posicional poñerá a proba a engrenaxe defensiva do Calvo Xiria. Por tanto; boa proba, nun choque esixente; que manterá aos xogadores en alerta ao longo dos 60 minutos.