O Calvo Xiria buscará a vitoria a domicilio contra o Rodosa Bm Chapela


O Calvo Xiria enfróntase ao Rodosa Bm Chapela un rival directo na pelexa polo título a final de tempada e actual segundo clasificado. O equipo que consiga manexar os tempos do partido terá moito gañado con respecto ao seu rival para liderad a 1ª Nacional de balonmán.

Os xogadores do Rodosa, celebran a volta do público ao Manuel González Soto  o sábado ás 18:30, nunha semana clave para os intereses de ambos equipos.

Por tanto; o Calvo Xiria e o Rodosa Bm Chapela repártense a presión de gañar; sabendo que aínda quedan 10 xornadas para o final; e que o resultado condiciona a táboa e é importante para os dous equipos pero non será definitivo.

Ambos chegan á cita coa moral alta, despois de gañar a semana pasada. Pola súa banda, o Calvo Xiria, afronta esta fase crucial, en boas condicións e coa confianza da última vitoria na casa permitiulle traballar ben durante a semana.

Nos primeiros minutos, veremos o plan inicial de ambos os conxuntos; cunha arma fundamental ao longo dos 60 minutos, buscarán manexar o ritmo do partido e cando este cambie, o equipo que manteña a efectividade para gol, aumentará as posibilidades de vitoria.