Balonmán | O Calvo Xiria buscará a vitoria de novo ante a súa afección


Este sábado ás 20:00 horas, o Vila de Noia ten unha nova cita co balonmán; o Calvo Xiria quere repetir triunfo por terceira xornada seguida e para iso medirase a un dos conxuntos máis en forma da categoría o Balonmán Saeplast Cañiza. Unha proba difícil para os carballeses, xa que o Saeplast Cañiza, é dos equipos que máis partidos disputou desde a pretempada. Xosé Canedo, criado nas categorías do Bm Culleredo, e cun pase breve e exitoso por Xiria, manexa a batuta do ataque visitante; mentres na defensa Carlos Rodríguez (Charly) é quen ordena desde o central aos seus. En principio, o Vila de Noia, estará aberto de novo a 180 espectadores.