O Calvo Xiria buscará reencontrarse coa vitoria na casa contra o Automania Luceros

1 minutes read

O Calvo Xiria buscará poñer fin ao refacho de resultados polos que atravesa á conta do Automania Luceros. Dous equipos cun xogo alegre e atractivo que darán dinamismo ao encontro. Cada defensa positiva, cada perda de balón, cada gol; transformarase inmediatamente en contras; para as que terán que ter ben estruturado o balance defensivo. O Calvo Xiria necesita ser forte mentalmente e seguir na liña de traballo trazada para tratar de pelexar pola vitoria ante un rival competitivo como o é Luceros. O partido disputarase este sábado ás 20:00 horas, no Vila de Noia. O público ten que ser un xogador máis nestes momentos.