O Calvo Xiria buscará reencontrarse coa vitoria na pista do Bueu

Arquivo.

O Calvo Xiria buscará esta xornada romper coa dinámica de resultados na sempre complicada pista do Bueu Atlético. Fran, Aaron e Edu causan baixa de longa duración; pero recupéranse Gabriel e Alejandro que non están ao 100% pero deben volver á dinámica do grupo aos poucos. Bueu é un equipo ben estruturado, cunha idea de xogo definida e que todos comprenden; por iso mantén a regularidade ao longo dos 60 minutos e a pesar do que diga a clasificación, foi capaz de competir contra todos os seus rivais. Por tanto, o Calvo Xiria ten que manter o bloque defensivo unido con saídas ante o 1×1 local, e prestar atención ao balance defensivo. A coordinación defensiva neste encontro debe ser acertada para poder competir e facerse cos dous puntos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha