O Calvo Xiria xogou este sábado o seu segundo partido consecutivo como local. Nesta ocasión visitou Carballo o Rodosa Bm Chapela. O equipo carballés mostrouse superior ao seu rival en todas as fases do encontro cun moi bo traballo defensivo e abrindo unha brecha de 8 goles por encima do Chapela nos últimos minutos do primeiro tempo, que concluía cun contundente resultado de 18-11. Ao comezo da segunda parte o Calvo Xiria mostrouse algo menos contundente en ataque e o conxunto visitante que dirixe Manuel Fernández recortaba rendas de cinco, pero foi un espellismo para eles, o Xiria non daba tregua e volveu recuperar a renda de 8 e que aumentaría a 10 ao final do partido, 31-21. Tras esta vitoria cómoda, o Calvo Xiria xa prepara a próxima parada, que será na Laguna, en Tenerife, contra o Club Balonmano Tejina, mirando de esguello cumprir obxectivos segundo se esgota a tempada, para lograr praza canto antes para xogar unha nova fase de ascenso.
39