O Calvo Xiria de balonmán suma e segue

1 minutes read

O Calvo Xiria de balonmán estreou a segunda volta desta tempada con vitoria na casa, fíxoo ante o Forbe Reconquista de Vigo nun partido xogado a porta pechada no pavillón carballés Vila de Noia. Os dous equipos saíron á cancha moi motivados, sobre todo en ataque, nun túa miña, o xogo e o marcador estivo moi equilibrado durante toda a primeira parte, chegando ao descanso en táboas, 17-17. Ao comezo da segunda metade todo parecía que se ía a manter coa mesma dinámica, gol arriba gol abaixo, pero o equipo vigués acomodouse demasiado e logo dunha exclusión no minuto 8 comezou a perder activos en ataque en ocasións por un moi bo encontro do porteiro carballés Antonio Mato. A partir dese momento o Calvo Xiria aproveitou para non baixar a garda e ir gañando gol a gol unha distancia de dous a tres tantos e que no minuto 20 xa eran 6 de vantaxe. Ao final o equipo que dirixe Adrián Dubra fíxose cos dous puntos cun resultado de 37-29. O Calvo Xiria continúa líder imparable na clasificación xeral á espera de dúas saídas seguidas fóra da casa, ante Sedona e Cañiza.