O Calvo Xiria despide a liga con vitoria ante o OAR (21-19)


O Calvo Xiria balonmán xogou este sábado en Carballo o seu último partido de liga desta tempada ante o OAR Coruña. Fíxoo brindándolle unha vitoria á súa afección nun partido, como os últimos, moi igualado e que terminou gañando por dous tantos, quedando desta forma na cuarta posición da xeral con 39 puntos. O OAR non llo puxo fácil aos carballeses e comezaron o encontro dominando, pero antes do meridiano da primeira parte o Xiria recompúxose impoñendo táboas ao descanso, 9-9. Na segunda parte, moi parecida á primeira, o Calvo Xiria tivo que remontar un resultado adverso para impoñer o rumbo final do partido con vitoria, 21-19.