O Calvo Xiria despide tempada na casa fronte ao Bueu Atlético Balonmán

1 minutes read

Despide a tempada o Calvo Xiria na casa fronte ao Bueu Atlético Balonmán. No deportivo, será un partido dinámico, con bo xogo e ritmo para goce da afección. Xa que ambos conxuntos se caracterizan pola velocidade no seu xogo combinativo.
Un partido con apartado para as emocións, dende o clube informan que ‘Brais Puñal, despois axudar aos seus compañeiros para lograr o obxectivo, despídese de novo das pistas, e aínda que o seu corazón segue querendo xogar, o estado dos seus xeonllos, di o contrario. Sempre estará aí para axudar ao club se fose necesario’.
Doutra banda, Edu Cousillas volverá a unha convocatoria despois da lesión de xeonllo do 30 de xaneiro do 2022.
Por tanto, sobran os motivos de alegría para pechar unha campaña que nos deixa con bo sabor de boca; a propósito da evolución mostrada polo equipo.
O partido disputarase o sábado ás 12:00 no pavillón Vila de Noia e a entrada será gratuíta