Partido correspondente á xornada 23 de Primeira Nacional de balonmán, xogado este domingo ás 13.00 horas en Cangas contra o Automanía Luceiros. Nunha primeira parte claramente local (17-11), o Calvo Xiria foi quen de reverter o seu xogo e o marcador no segundo tempo, pero non foi suficiente para conseguir traer unha vitoria de O Gatañal a Carballo e acabou sucumbindo un empate no último suspiro, 31-31. Con este resultado o Calvo Xiria sitúase penúltimo na xeneral con 15 puntos. O conxunto carballés que adestra Adrián Dubra recibirá o vindeiro sábado na casa a visita do Lirón S.D. Teucro, ás 20.00 horas.