O sábado ás 20:00, no municipal de Lavadores, o Calvo Xiria enfrontarase ao UB Lavadores Vigo, nun vibrante encontro na loita pola permanencia. O Calvo Xiria ten ante si, un dos retos máis difíciles da tempada; e para iso, estará ben acompañado dun centenar de afeccionados carballeses, que se desprazarán ata Vigo para arroupar ao seu equipo neste crucial momento da tempada.
Sobre o partido, o Calvo Xiria, tratará de contrarrestar as variantes defensivas que propoña o seu rival, e levar o partido ao ritmo que máis lle interesa para poder manter unha intensidade defensiva alta. Tamén poñerá especial atención aos contraataques do seu rival, e nas situación 6×6 no posicional, os cambios de dirección e de ritmo que en moitas ocasións parten do seu central ofensivo, cara zonas exteriores, onde gañan protagonismo goleador os extremos.
0