O Calvo Xiria enfróntase este sábado ao Carnes Doribeiro Provincia Termal; en Ourense


O Calvo Xiria enfróntase o sábado ás 18:00 horas ao Carnes Doribeiro Provincia Termal; en Ourense. O conxunto local, disputou o último partido o 14 de novembro cando gañou en Lanzarote; e despois viuse obrigado a parar por entrar nos prótocolos do Covid-19. Un Carnes Doribeiro moi reforzado está tempada; que vai de menos a máis e busca engancharse ao tren de cabeza. O Calvo Xiria deberá estar pendente de manter o bloque defensivo e pechar as situacións de 1×1 e 2×2; ademais das transicións de Celso Sotelo que segue sendo peza crave no xogo local. No ataque posicional; o Xiria deu un paso adiante e este partido é unha boa proba para medir a súa evolución. O choque preséntase intenso e igualado; como cada partido en O Consello.