O Calvo Xiria enfróntase este sábado en Ourense ao BM Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal

Este sábado 20 de setembro ás 18:00 horas, o Pavillón O Consello de Ourense acolle a segunda xornada da Primeira División Nacional Masculina 2025/26. O Calvo Xiria enfróntase ao BM Ribeiro Rodosa Ourense Provincia Termal nun partido no que ambos equipos buscan os seus primeiros puntos da tempada tras estrearse cunha derrota na xornada inaugural.

O Calvo Xiria, chega despois dunha axustada derrota en Carballo ante o Lanzarote, equipo recén descendido. O equipo xa amosou capacidade competitiva e carácter, e buscará en Ourense confirmar esas boas sensacións cun resultado positivo que lle dea confianza de cara ao futuro inmediato.

O conxunto ourensán, pola súa parte, caeu na súa visita á pista do BM Culleredo (37-30), nun encontro marcado polo ritmo ofensivo do rival. O Ribeiro aposta por un bloque con xogadores formados na casa como Celso Ramón Sotelo e Juan Sotelo, combinados coa frescura de xogadores máis novos que se van incorporando ao proxecto.

Agárdase un encontro intenso e vibrante, con dous conxuntos que queren reaccionar tras a primeira xornada. O factor pista pode ser clave para un BM Ribeiro que busca facerse forte en Ourense, mentres o Calvo Xiria tentará sorprender a domicilio e demostrar que quere estar na parte alta da táboa.

Related posts

A morte dunha muller ferida eleva a 46 as persoas falecidas polo accidente ferroviario de Adamuz

Iniciado na Laracha o procedemento de selección das 15 persoas que participarán na nova acción formativa para desempregados

Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz