O Calvo Xiria afronta con moita ilusión o primeiro encontro da Supercopa Galicia ante o Atlético Novás, unha competición que disputan os oito conxuntos galegos que mellor clasificación lograron durante a tempada 2020-2021, Cangas Frigoríficos do Morrazo, Cisne, Acanor Atlético Novás, SD Teucro, BM Lalín, Rodosa BM Chapela, Saeplast BM Cañiza e o Calvo Xiria.
Adrián Dubra non poderá contar coa presenza de Diego Antelo e Fran Rey por estar en corentena, así como tampouco con Aaron Rodríguez que segue co seu proceso de recuperación; e ademáis ten a incógnita de Mario Cancela, quen recibirá a vacina do Covid-19 na mañá do mércores e a incertidume das posibles reaccións que lle poida dar, o que o manterá en dúbidas ata practicamente o inicio do encontro.
A pesares de todos estes inconvenientes, o conxunto carballés tratará de poñer en práctica todo o adestrado ata o momento neste inicio de tempada e plantarlle cara a un gran rival como e todo un Acanor Atlético Novás que vén de firmar un ano espectacular na División de Honra Prata, loitando polo ascenso ata o último intre.
A cita será este próximo mércores 18 de agosto ás 21.00 horas, un encontro no que tamén volverá o público ás bancadas do Vila de Noia, sendo a entrada gratuíta para socios da pasada tempada e de 5€ para o resto de afeccionados.
Todos aqueles que non poidan asistir ao complexo deportivo carballés para presenciar o encontro en vivo e en directo, poderán seguilo a través de Youtube.