O Calvo Xiria gaña con claridade ao Carnes do Ribeiro

O Calvo Xiria balonmán volveu a recuperar a senda da vitoria, tras o tropezón da semana pasada, este sábado no Vila de Noia e con público na bancada. Fíxoo ante o Carnes do Ribeiro-Ourense Provincia Termal por un contundente resultado final de 30-21. O equipo carballés foi superior en xogo e resultado desde o inicio do encontro, aínda que os ourensáns non tiraron a toalla en ningún momento e fixéronse fortes no corpo a corpo do centro do campo na primeira metade. Ao descanso a diferenza era mínima, o equipo que adestra Adrián Dubra levaba vantaxe de só un tanto, 15-14. No arranque da segunda parte o Calvo Xiria marcou a diferenza co seu mellor xogo e distanciouse seis arriba do Ribeiro que por momentos estaba ido do partido. A partir de aí xa non sería quen de recuperarse e o Calvo Xiria volve a sumar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha