O pavillón carballés Vila de Noia acolleu este sábado un novo encontro da 1ª nacional de balonmán, nesta ocasión, entre o Calvo Xiria e Granitos Ibericos Carballal. O partido presentouse moi competido e igualado. de feito os dous tempos resolvéronse por un punto desde os sete metros. Para ir ao descanso Guille anotaba por entre as pernas de Darío e desfacía o empate a favor do Carballal, 15-16. Tras a continuación o equipo vigués tivo momentos de superioridade sobre o Calvo Xiria, pero cando algo se torce aparece Chimpo para axudar a endereitalo e maxistral sobre a pista, tamén foi o encargado de devolverlle o desempate ao encontro e a vitoria ao seu equipo sobre a bucina e desde os sete metros, 33-32.