O Calvo Xiria imponse no derbi, 33-27 fronte ao Oar Coruña


Ruxiu o Vila de Noia, para unirse cos xogadores; nun encontro no que o factor emocional sempre é importante. Así o Calvo Xiria resolvía levándose os dous puntos para seguir aspirando á parte alta da clasificación.

O Calvo Xiria imprimía un forte ritmo ao partido desde o inicio; o que pronto se vería reflectido no marcador coas primeiras vantaxes. Con 8 a 4 o adestrador oarista, paraba o encontro, para reorganizar aos seus. Pero o Calvo Xiria seguía atopando ocos na defensa ata conseguir o 16 a 10. Unha defensa mixta sobre o capitán Manuel Méndez, que estaba a ser o mellor dos seus, atragoábaselle en demasía aos de Carballo, cun parcial de 1 a 7, chegábase ao descanso 17 a 17, logo de un último gol de Chimpo a falta de dous segundos.

Na continuación, un Calvo Xiria concentrado nas tarefas que debía de facer, conseguía distanciarse ata o 21 a 17. Está vez a defensa mixta non lle serviría aos visitantes, e un Juanka enchufado, aproveitábase do traballo na sombra de Adrián Losón desde o pivote, para facerse imparable; a defensa do Oar non puido facer nada, e a distancia foise ata os 8 goles, sentenciando o encontro e deixando dous puntos máis para os de Carballo.