0
Nesta primeira xornada desprázanse ás Illas Canarias. Xogarán ante un dos clásicos do balonmán estatal; o Gáldar de Gran Canaria, o sábado ás 20:00 (hora insular) no polideportivo Juan Vega Mateos.
Os locais, son un equipo moi traballado por Aday Sánchez; que domina as transicións e con gran capacidade individual, que cada ano vai a máis na categoría. Por tanto, espérase un partido complexo para ambos conxuntos; que buscan iniciar o camiño da primeira estatal da mellor maneira posible. Adrián Dubra dispoñerá da convocatoria mínima de 12 xogadores para a primeira saída ás illas, debido ao alto prezo dos voos nestas datas.
1ª Autonómica Feminina. Copa Federación Estamos na xornada 2 de Copa; o Calvo Xiria viaxa a Lugo, para enfrontarse ao CP Lucense o domingo ás 12:30 na casa do Deporte. O equipo segue traballando para axustar o rol de cada xogadora ao equipo, que aos poucos vai mellorando. Este tipo de partidos son ideais para facer probas; porque a competición é o mellor adestramento da semana; pola intensidade con que se desenvolve o xogo. As gañas e o carácter do equipo; permiten competir e mellorar buscando o mellor rendemento do grupo. Será un partido duro; como cada vez que se viaxa a Lugo. |