O Calvo Xiria iniciou a pretemporada cun amigable en Oviedo


Primeira toma de contacto coa competición para o Calvo Xiria na tempada 22/23. Viaxou ata Oviedo para xogar o seu primeiro partido amigable. O Union Financeira levou unha vitoria, que forxou nos segundos 30 minutos.
Un partido de moitas probas para ambos equipos e cun compoñente físico para ir collendo ritmo e que ambos os adestradores souberon aproveitar. O conxunto de Oviedo, mantívose con mínimas vantaxes na primeira parte; os dous equipos mantiveron un ritmo alto, tratando de aproveitar cada erro do rival no ataque posicional. Union Financiera conseguía a maior diferenza de goles xusto antes do descanso (23 a 19).
Tras o paso por vestiarios, o Calvo Xiria seguiu tratando de competir probando diferentes estruturas e querendo levar a iniciativa diante dun rival superior abrigo no aspecto físico.
O equipo foi intermitente en labores defensivas, e en ataque vai mostrando síntomas de mellora; pero ainda así o conxunto local mostrouse fiable e superou claramente o Calvo Xiria.
O domingo 21 de agosto ás 18:30 no Vila de Noia, o Calvo Xiria disputa o seu segundo encontro, ante o recentemente ascendido á liga Asobal, o Cisne de Pontevedra, en xogo os cuartos de final da Supercopa Galicia.
Union Financiera 48 – Calvo Xiria 34