O Calvo Xiria logra traer os dous puntos de Tenerife (23-25)

Partido en Tenerife 2020.

Desprazamento ata Tenerife tivo o Calvo Xiria esta última xornada, xogou este sábado ás 19:00 horas contra o Bm Tejina La Laguna. O Calvo Xiria viaxaba co propósito de lograr os dous puntos que lle permitiran mirar cara aos equipos que marchaban por diante, e así foi. Tras empezar o partido a rebufo, pouco a pouco fóronse os carballeses acomodando na cancha rival e tras uns 15 minutos de emparellamento foron quen de darlle o sorpaso aos canarios no minuto 20, 9-10. Xa non habería marcha atrás, 10-13 no descanso. Renda cómoda no ecuador da segunda parte, pero a partir de ahí o Tejina comezou a recortar distancias ata poñerse a un gol, pasando a estar todo por decidir ata o último medio minuto de partido, 23-24. Tempo morto, e o Xiria co dominio da bola, a vitoria non se escapou, un gol de G.Pichel poñía o definitivo 23-25 no luminoso e dous puntos máis para o Calvo Xiria.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha