O Calvo Xiria logra unha nova vitoria diante do Balonmán Cañiza

3 minutes read

O Calvo Xiria segue de doce na primeira estatal, no Grupo A. Está vez conseguiu unha nova vitoria, (33-30) ante un Balonmán Cañiza que se mostrou peleón ata o último instante.

Os primeiros minutos do encontro, mantivéronse con moita igualdade, ata mediada a primeira parte, que grazas á profundidade de banco os de Carballo mantiñan o ton defensivo e conseguiron rápidas contras para poñerse por diante no marcador. Ao descanso nos ibamos con 16 a 13, e un Calvo Xiria que parecía ir a máis.

O paso por vestiarios, non lle sentou nada ben á defensa do Xiria; aínda que mantiña a vantaxe grazas aos goles desde a primeira liña. Os visitantes aproveitarían unha serie de exclusións para poñerse a un só gol; factor fundamental para que o Calvo Xiria non rompese o partido; xa que non conseguía frear os ataques do Cañiza nin cun menos.

Non foron uns bos 30 minutos para a defensa carballesa aínda que é certo, que resolvía en ataque e permitiulle levar a vitoria ante un rival que vai axustando as súas pezas co paso das xornadas.

Esta semana, o Calvo Xiria xogará en Coia-Vigo, co Seis Do Nadal.

O Grupo Lemaco cede diante do Bm Culleredo (27-22)

Terceira xornada da división de honra cadete masculina, o Grupo Lemaco Xiria visita a pista do Balonman Culleredo no primeiro derbi provincial da tempada. O partido decantouse na primeira parte a favor dos locais aínda que os do Xiria non baixaron os brazos e competiron na segunda parte onde decidiu o acerto cara gol.

Igualdade nos 15 primeiros minutos do encontro onde as defensas impoñíanse aos ataques. Os locais empezaron a atopar espazos no 5:1 exposto polo Grupo Lemaco a través das circulacións de primeira liña e aos poucos foi adquirindo vantaxe; deixouse en demasía nos instantes finais da primeira parte o Xiria e ao descanso fóronse 7 a 14.

Cambio de actitude, cambio defensivo e diferentes combinacións en ataque; empezaron a poñer en apertos ao Culleredo. Os do Xiria recortaban aos poucos e conseguían poñerse a dous goles a falta de 10 minutos. Non foi suficiente o esforzo realizado; xa que os locais tiveron un maior acerto cara o final e levaron os dous puntos en xogo.

O Grupo Lemaco Xiria segue crecendo co paso dos partidos e o obxectivo é manter a regularidade competitiva durante os 60 minutos; para o que fai falta seguir progresando e ter maior profundidade de banco; polo que seguro que veremos un cambio significativo co paso do tempo.

Primeira victoria para as rapazas do Punta del Este Xiria

O equipo infantil feminino Punta del Este Xiria conseguiu esta fin de semana en Pontevedra a primeira victoria da tempada, logo de gañar por 14-22 fronte o Teucro. As rapazas do Xiria sairon moi concentradas o encontro, traballando ben en defensa pero con moita precipitaciòn en ataque, aìnda asì conseguian as primeiras rendas no marcador. Conforme ìan pasando os minutos as carballesas baixaron o nivel defensivo e entraron nun momento de relaxaciòn que aproveitou o equipo local para poñerse a tan sò 2 goles ò descanso. Tras o paso polos vestiarios, o Xiria cambiou de novo o chip e cunha defensa moi activa conseguìa recuperar continuos balòns que se convertirian en goles a contra tanto en primeira coma en segunda oleada. Dous puntos importantes para o casilleiro das carballesas, que teñen que traballar para seguir mellorando.