O Calvo Xiria non foi quen de puntuar no Lalín Arena (29-25)


Este sábado ás 19:00 horas disputouse un dos clásicos da primeira nacional. O Lalín Arena acolleu o partido entre o Disiclín Balonmán Lalín e o Calvo Xiria. Dous clubs cunha filosofía similar; apostando pola canteira como sinal de identidade. O partido semellaba difícil para o conxunto carballés ante o colider da categoría, e así foi, os de Pablo Cacheda blindaron o seu feudo no primeiro clásico da tempada. Na primeira parte ambos os conxuntos foron moi parellos en xogo e resultado, cun gol de vantaxe para os de Adrián Dubra, 13-14. A igualdade mantívose nos primeiros minutos da reanudación, pero no ecuador deste segundo acto o Lalín apertou o ataque cun destacado Ramón Gil e adquiría dominio no xogo e vantaxe no marcador. Ao final 29-25.