O Calvo Xiria pecha a liga cunha vitoria cómoda en Redondela


Última xornada de liga, este sábado para o Calvo Xiria balonmán, visitaba a Sar Plastic Omnium en Redondela. O conxunto carballés que dirixe Adrián Dubra dominou o partido dende o inicio, no descanso gañaba por sete goles, 11-18. Tras a reanudación houbo un equilibrio no xogo, pero o Calvo Xiria marcou diferenzas en ataque, mantendo en todo momento o marcador ao seu favor con eses 7 tantos de marxe ata o final, 25-32. Último partido antes da fase de ascenso para un Calvo Xiria que pecha así unha excelente tempada nun ano moi difícil.