O Calvo Xiria pecha a tempada este sábado ás 19:00 horas no Vila de Noia

0 minutes read

Farao ante o Oar Coruña. Por tanto, preséntase un derbi provincial, para despedir a tempada da mellor forma. O Calvo Xiria quere brindar un bo partido á súa afección, e que queden con gañas de máis balonmán para a tempada que vén. Será un partido intenso, con ritmo onde as defensas terán moito que dicir no transcurso do encontro. As baixas que arrastran os dous equipos non serán impedimento para ver a mellor versión de ambos e gozar do bo balonmán da provincia.