O Calvo Xiria perde as opcións de ascender e o Handbol a Alejandro Rodríguez por lesión

2 minutes read

O Calvo Xiria terá que esperar un ano máis para poder volver pelexar por unha nova fase de ascenso a División Honra Prata de balonmán. Tras a derrota do pasado venres 24-28 ante o BM Macarena La Esquinita de Javi, de Granada, a esperanza de poder continuar vivo na fase pasaba por conseguir un resultado positivo este sábado fronte ao Handbol Sant Quirze de Barcelona. Nin moito menos, o equipo carballés comezou con mala racha, perdendo por cinco goles aos catro minutos de partido, cunha defensa moi ben colocada do rival e unha actuación estrela do seu porteiro Alejandro Sánchez Capón.

Primeiro tempo morto decretado por Adrián Dubra para tratar de cortar a sangría no luminoso e o equipo reaccionou abrindo o marcador por mediación de Adrián Losón conseguindo un parcial de 3-0 en inferioridade, motivando tempo morto do adestrador visitante. O Calvo Xiria estaba intratable en pista e lograba empatar o partido 7-7 no minuto 20, pero dúas boas xogadas en ataque e o Sant Quirze collía aire de novo chegando ao descanso con vantaxe de 9-12.

No segundo tempo o equipo catalán foi claramente superior, aínda que o Calvo Xiria realizou un bo encontro, pero o porteiro Capón tivo o seu día e truncaba varias posibilidades de gol local. No minuto 20 o conxunto visitante lograba acumular unha renda de 7 goles e a lesión de xeonllo do seu xogador Alejandro Rodríguez, un dos puntais do equipo, que tivo que ser evacuado en padiola.

Todo empezou a complicarse para os de Adrián Dubra, improvisación e apuros na recta final non axudaron a reducir a distancia no marcador, cunha renda de 10 goles en contra a cinco minutos do final faríase xa imposible unha remontada. Terminaba o partido cun resultado de 25-31.

O outro encontro da xornada que enfrontaba ao Levante Marni – Maracena La Esquinita de Javi, terminou en tablas, 26-26. Polo que o Levante queda sen opcións e este domingo ás 10:30 horas do encontro entre Maracena La Esquinita de Javi e Handbol Sant Quirze de Barcelona salirá o equipo que ascenda a División Honra Prata de balonmán.