O Calvo Xiria perde en Ingenio

Arquivo.

Un comezo de partido con demasiados erros en ataque por parte dos dous equipos. O Calvo Xiria estivo a bo nivel en defensa pero en ataque posicional non logrou frear a seca ata a parte final da primeira metade. A segunda parte, de novo, un comezo dubitativo mandou a diferenza ata os 9 goles. Un cambio defensivo, e abrigo mental, propiciou que o Calvo Xiria chegase a poñerse a dous goles, cun Antonio Mato espectacular na portería. O equipo tentouno ata o final do partido; pero os puntos quedaron en Ingenio.


Os primeiros minutos do partido, foron de adaptación para ambos equipos. As defensas impoñíanse facilmente e o marcador tardou en inaugurarse. O Calvo Xiria sufría unha exclusión ao primeiro de vez que lle lastrou máis se cabe, na dirección do ataque. Faltaba intención nas accións individuais que eran demasiado previsibles. Con 11 a 4, a saída de Gabriel Castiñeiras e Diego Antelo outorgou ao Calvo Xiria, a fluidez que necesitaba; e chegábase ao descanso con 14 a 9; aínda que un inoportuno pisotón levaba a Gabriel a retirarse do campo cando mellor estaba a xogar.


Tras o paso por vestiarios, esperábase unha reacción por parte do Xiria; pero a realidade foi outra ben distinta, o equipo seguía deixando pasar os minutos cun intercambio de goles que non lle beneficiaba e unha serie de malas decisións en ataque; aproveitounas o conxunto local para levar a máxima diferenza ao marcador no minuto 15, 23 a 14.
Decidía o Calvo Xiria cambiar o sistema defensivo, pero o máis importante foi o cambio de mentalidade. O traballo defensivo foi mellor e Antonio seguía cos seus bos números en portería; mentres en ataque tocáballes levar a batuta a Chimpo e Mario Cancela. A mobilidade e fluidez de xogo permitíalles a todos os xogadores atopar situacións de gol, sendo Jorge o máximo realizador con 8 goles.

As diferenzas fóronse recortando. Ingenio tivo que esgotar os seus tempos mortos porque non atopaba a maneira de parar a sangría. Con 27 a 25 todo parecía posible; pero o Calvo Xiria non podía cometer o máis mínimo erro. Unha exclusión a falta de dous minutos, acabou coas ilusións dun equipo que estaba baleiro do esforzo que realizara para remontar. O valor do esforzo por parte de todos os xogadores serviulle para manter o golaverage ao seu favor.


Balonmano Ingenio 30 – Calvo Xiria 27


Balonmano Ingenio (14+16): Alberto Falcón (1), Francisco David (1), Edgar Jesús Socorro, Rafael Sánchez (2), Armando Santana (1), Omar Jesús Perdomo (4), Pablo Hernández (1), Airam Deniz, Javier Sánchez (1), Bentejui Peña, Michael Martín (6), Jon Ander (5), Samuel González (2), Abian Del Cristo (6), Sergio Castro.


Calvo Xiria (8+19): Antonio Mato (1), Darío Calviño (p), Julían García, Gabriel Castiñeiras (2), Francisco Rey (1), Hugo Rodríguez (3), Carlos Guisasola (1), Diego Vega (2), Diego Antelo (1), Manuel Méndez (1), Jorge Bouzas (8), Carlos Varela (1), Mario Cancela (4), David García (2).

Parciales cada 5 minutos: 1-1, 4-2, 6-3, 7-4, 11-4, 14-8, (descanso),17-10, 19-12, 23-14, 25-20, 27-24, 30-27
Árbitros: Andrés Leandro Martín e Diego Pastoriza.
Incidencias: Partido correspondente á 18ª xornada do Grupo A da Primeira Nacional, disputado no pavillón mpal Pedro Padilla (As Palmas).

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha