O Calvo Xiria recibe este sábado a visita do Bueu Atlético


O Vila de Noia, vivirá este sábado ás 20:00 horas un dos clásicos partidos na Primeira Nacional de balonmán entre o Calvo Xiria e o Bueu Atlético. Aínda que, os resultados non acompañaron ao Bueu neste inicio de tempada; é un dos equipos que mellor xoga da categoría e marca goles con suma facilidade; cun característico xogo en ataque posicional, que dominan todos os seus xogadores.
Polo que o Calvo Xiria, deberá estar pendente da velocidade de ataque e a velocidade das transicións, dun equipo que manexa ben os tempos de xogo.
Un Calvo Xiria que quere seguir sumando puntos no seu feudo, para iso recupera a todo o seu persoal. É importante ir sumando efectivos e confianza ao xogo do equipo. Unha maior efectividade individual para mellorar os números do ataque posicional.