O Calvo Xiria recibe ao Balonmano Tejina La Laguna

Equipo senior BM Tejina La Laguna

Despois de ver como a semana pasada o Calvo Xiria viuse na obriga de aprazar o seu partido debido ao forte temporal que se desenvolveu nas Illas Canarias.; regresa de novo á competición e farao fronte ao Balonmano Tejina La Laguna este sábado ás 19:00 horas no pavillón Vila de Noia. É un partido atípico para os dous equipos; xa que veñen dunha semana sen competir. O Calvo Xiria deberá saír concetrado e disciplinado nas tarefas que require o partido; ante un equipo con xogadores experimentados que tratarán de frear a velocidade do seu xogo. Manter o bloque defensivo e unha subida de contraataque eficaz e seguro; para tratar de levar o partido ao terreo que máis interese ao Calvo Xiria.